miércoles, 5 de diciembre de 2012

Mercado de nadal

O vindeiro sábado 15 de decembro, dende as 11:30 da mañá ata as 18:00, temos o pracer de convidarvos ao mercado de nadal que celebraremos como ven sendo tradicional na nosa escola.

Ademáis do mercado, onde podedes atopar xoguetes artesanais, cosmética natural, adornos e agasallos tradicionais e unha cafetería onde descansar un ratiño; ao longo do día, poderedes disfrutar dunha gran variedade de actividades que de seguido vos detallamos:
  • 11:30 a 13:30: Apertura matinal, conto infantil e actuacións de primaria.
  • 13:30 a 15:30: Xantar.
  • 16:30 a 17:30: Obradoiros de velas, coroas de advento e postais de nadal.
  • 18:00: Teatro de marionetas.
Esperámosvos a todos, non faltedes!!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario