A Escola Waldorf Meniñeiros segue a organizar actividades para dar a coñecer e profundizar nos distintos materiais que se usan na escola.
O próximo día 17 de marzo ás 18:00 horas terá lugar un obradoiro para aprender a tinguir lá, a cargo de Fran Galán, padre da nosa escola.
As actividades con lá de ovella cardada ofrecen unha ampla gama de posibilidades creativas tanto para nenos coma para adultos. As cores e a textura da lá natural espertan ledamente a imaxinación e inspiran a maiores e pequenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario