miércoles, 2 de marzo de 2011

Taller de bonecas

Tódolos luns ás 16:45 horas teremos a sorte de poder disfrutar do Obradoiro de confección de bonecas a cargo de Mª Luisa Mosquera. Neste obradoiro axúdase ós pais e nais da escola a que aprendan a elaborar bonecas para os seus fillos. Fabrícanse con materiais naturais como a lá, algodón, seda, madeira, etc., porque o neno desenvolve, moi especialmente ata os sete anos, os seus sentidos e estos materiais estimulan moito máis os seus sentidos e a súa imaginación que xoguetes moi realistas ou  de material plástico, que non lle permiten o neno indagar no tacto, no peso ou no trato tan distinto de materiais coma a madeira, a louza, a lá, a seda, etc. Estas bonecas que se fan no Obradoiro están elaborados de xeito sinxelo para permitirlle ó neno completala coa súa imaxinación e adaptala as súas necesidades e xogos.

A maior parte dos productos elaborados dedícanse a Mercadiños Benéficos como axuda a becas escolares. Estades todos invitados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario